Entrada gratuita
Aberto de Martes a Domingo
de 10:30 a 14:00 e
de 16:30 a 20:00
Pechado Domingos pola tarde e luns

Praza de Cervantes nº 12 Baixo
15704 Santiago de Compostela
Tel. 981 552807


O acibeche, material fósil do período xurásico é a artesanía máis característica da cidade de Santiago. Admirado polo seu negro intenso dende a antigüedade, convertiuse en emblema xacobeo grazas á influencia de peregrinos que acudían de toda Europa a visitar o sepulcro do apóstolo Santiago, e que o levarían como recordo da súa peregrinaxe.

De cor negro intenso, suave, compacto, lixeiro, duro ainda que fráxil á hora de seren traballado convertiuse nun material co que se desenvolveu unha importante artesanía localizada na cidade de Santiago.

Pezas de índole relixiosa destinadas aos peregrinos, xoias de carácter popular, amuletos contra o mal de ollo, obxectos decorativos foron tallados en acibeche, unha tradición artesanal que continúa nos nosos días.